Jul 1, 2015 | Seguros

INFORMACIÓN AS COMISIÓNS DE FESTAS DOS REQUISITOS PARA PODER CELEBRAR AS FESTAS O AIRE LIBRE CON TOTAL SEGURIDADE

Festas

INFORME

Dende a entrada en vigor da Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, distínguense dous réximes xurídicos en canto a celebración de festas populares e verbenas.  Un réxime xeral de comunicación previa ao concello e outro, para  aquelas en que por razón de interese xeral se esixe a correspondente obtención de licenza municipal (Art. 40 da lei 9/2013).

Un dos casos nos que se esixe a correspondente licenza municipal son para  aquelas festas nas que requiran a utilización dun escenario ou estrutura móbil. (Art. 41.c da lei 9/2013)

O obxecto de este informe clarexar e informar da documentación que debe constar no expediente para a aquelas festas que requiran  a utilización dun escenario ou estrutura móbil e que son organizadas polo concello. Estas festas cando son organizadas polo propio concello non necesitan licencia non obstante ten que cumprise coa normativa existente.

O artigo 42.2 da lei 9/2013 establece que deben constar os seguintes documentos:

a) Proxecto técnico, entendido como o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van desenvolver, co contido e detalle que lle permita á Administración coñecer o obxecto delas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. O proxecto que se presente incluirá o contido mínimo previsto pola normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios, deberá estar asinado polo/a técnico/a competente e deberá conter os datos e requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos construtivos e de actividades.

b) Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao proxecto técnico a que fai referencia a alínea anterior.

c) Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos nesta lei.

d) Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.

e) Documento acreditativo da designación, por quen solicite a licenza, da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, no cal debe constar o nome, o enderezo e a titulación e habilitación profesional da persoa designada.

f) A solicitude de licenza urbanística, se é o caso, acompañada pola documentación requirida pola normativa urbanística.

Dito isto, a Dirección xeral de administración local elaborou unha circular, que en NINGUN  CASO SUBSITÚE OU MODIFICA o establecido na lei 27/2013 , que pretende clarexar ou interpretar o artigo 42.1.b) e que establece que a esixencia de proxecto técnico queda cumprimentada coa seguinte documentación:

  1. Seguro de responsabilidade civil
  2. Memoria informativa sobre o tipo de espectáculo , previsión de asistencia, horario de actuación  etc
  3. Boletín eléctrico da instalación
  4. Declaración de conformidade do fabricante CE e copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo acreditativo do estado de idoneidade do mesmo (asinado por técnico competente)

Así mesmo se deberá presentar o documento xustificativo do pago correspondente aos dereitos de autor (SGAE)

En relación co plan de autoprotección e segundo o Real Decreto 393/2007 se esixirá a elaboración do mesmo nos seguintes casos:

  • Todos aqueles edificios que alberguen actividades comerciais, administrativas, de prestación de servicios, o de calquera outro tipo, sempre que la altura de evacuación do edificio sexa igual ou superior a 28 m, o ben dispoñan dunha ocupación igual ou superior a 2.000 persoas.
  • Instalacións cerradas desmontables ou de temporada con capacidade igual ou superior a 2.500 persoas.
  • Todas aquelas actividades desenvolvidas ao aire libre cun número de asistentes previsto igual ou superior a 20.000 persoas

Non obstante as entidades locais, poderán establecer, no ámbito das súas competencias, valores umbrais mais restritivos dos establecidos.

  • Atraccións e postos

O Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, establece que será precisa a licenza da Alcaldía para a entrada en funcionamento das instalacións eventuais, portátiles ou desmontables e en xeral para as pequenas diversións que se dean ao público, como feiras e verbenas, en barracas provisionais ao aire libre, caballitos xiratorios, carruseis, columpios, tiro ao branco e similares.

Ademais nos supostos en que as diversións ou recreos a que requiran do montaxe de casetas, tablados, ou outras construcións ou estruturas ou da instalación de dispositivos mecánicos ou electrónicos potencialmente perigosos, uns e outros terán que ser recoñecidos previamente por un facultativo idóneo, que emitirá o oportuno informe sobre as condiciones de seguridade que os mesmos reúnan para o público.

Polo tanto para a concesión de licencia terase que presentar como mínimo a seguinte documentación:

  • DNI ou CIF do solicitante
  • Póliza de seguro de responsabilidade civil e recibo de pago do mesmo en vigor
  • Boletín eléctrico da atracción.
  • Certificado técnico da atracción
  • Cando se trate de diversións ou recreos a que requiran do montaxe de casetas, tablados, ou outras construcións ou estruturas ou da instalación de dispositivos mecánicos ou electrónicos potencialmente perigosos, uns e outros terán que ser recoñecidos previamente por un facultativo idóneo, que emitirá o oportuno informe sobre as condiciones de seguridade que os mesmos reúnan para o público.

Así mesmo cando as atracción ou postos vaian a colocarse en terreos de dominio público, debe realizarse una subasta pública de acordo cun pliego de de condicións.

No caso de actividades promovidas polo concello que impliquen a venda de entradas, consumicións ou semellantes, qu que impliquen calquera tipo de ingreso público deberán ser obxecto de fiscalización e aprobación da correspondente ordenanza fiscal que ampare a súa exacción.